Un aparatoso accidente con feridos corta a avenida de Marín orixinando un gran atasco
Por Diego Torrado
Unha colisión entre dous turismos na PO-11, a coñecida como autovía de Marín, mantivo cortados os dous carrís en dirección á vila.
Segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, o sinistro tivo lugar ás 16.34 horas da tarde do domingo.
Como consecuencia do impacto unha persoa resultou ferida tendo que ser trasladada ata un centro sanitario por unha ambulanica medicalizada do 061.
O accidente provocou un gran atasco.