Preocupación pola comida en mal estado que se detecta en comedores escolares de Umia e Arousa
Por Redacción
A Asociación de Nais e Pais (ANPA) do Colexio público Aurelio Marcelino Rey de Cuntis mostrou a súa preocupación despois de que durante a xornada deste luns 9 servírase aos escolares que utilizan o comedor deste centro un caldo que estaba acedo e que despedía mal cheiro. Non é a primeira vez que se producen queixas polo servizo que ofrece a empresa encargada do cátering Perea Rojas nos comedores escolares. Durante os últimos días tamén se detectaron casos similares en diversos colexios da comarca de Arousa.
Por este motivo, a ANPA púxose en contacto co Concello de Cuntis que reclama medidas urxentes e unha investigación profunda por parte da Consellería de Educación e da Consellería de Sanidade. Reclámase desde este Concello unha resposta e solucións inmediatas a esta situación que afecta os escolares.
Desde o Concello de Cuntis tamén sinalan que levan reclamando entrevistas co delegado provincial de Educación e co propio Conselleiro sen logralo. Desde as ANPAS dos distintos centros afectados piden o rescate da concesión se a empresa non pode garantir a calidade da comida que se está servindo nos colexios.