"Si la Policía Local no respeta, nosotros tampoco"
Por Redacción
Na madrugada do pasado sábado apareceu unha pintada na fachada posterior da Casa Consistorial, que dá á rúa Alhóndiga, fronte á estatua do Fiel Contraste.
"Si la Policía Local no respeta, nosotros tampoco", di a pintada escrita con spray de cor azul.
Os axentes municipais investigan a autoría deste acto vandálico.
Na xunta de goberno do Concello de Pontevedra informouse deste incidente.
Durante a mañá deste luns procedeuse á limpeza da fachada.
MUSEO DE PONTEVEDRA
Tamén no muro do edificio do Museo Provincial na rúa Pasantería apareceu outra pintada, no mesma cor, igualmente dirixida ao corpo municipal da policía.
Xunto ao debuxo dun monigote pódese ler "Policía local Mafia" e "Pitufos cabrón".
O edificio, titularidade da Deputación, foi limpado ao longo da tarde do luns.