Os mariñeiros cumplen cos topes no primeiro día da campaña da vieira
Por Redacción
Este luns foi o primeiro día da campaña da vieira, a máis madrugadora dos últimos anos.
"Boas de cantidade e calidade", comentaron os mariñeiros que non tiveron problemas para acadar os topes.
Foron uns 20 barcos que partiron as oito da mañá do porto de Cambados para completar os 70 quilos de tope por tripulante ata sumar un total para este luns de 3.000 quilos.
Así os topes varían a diario en función do número de barcos e mariñeiros que participen na xornada.
Ás dúas horas de iniciarse a campaña xa regresaban as primeiras embarcacións para vender a unha empresa de Cambados a prezo pechado de 4,75 euros o quilo.
Entre os mariñeiros o debate estaba na coincidencia da campaña da vieira e a da centola. "Algunha delas debía empezar máis tarde, cando o Nadal", coincidían.