Semana de ceos anubrados e temperaturas agradables
Por Redacción
As Rías Baixas permanecen este martes 17 nunha área intermedia entre as altas presións que se manteñen estacionarias ao sur da península Ibérica e as baixas presións que percorren o Atlántico norte. O ceo permanecerá parcialmente nubrado, con nubes compactas no sur de Galicia, deixando algunha choiva de cáracter débil e ocasional. As temperaturas mínimas experimentan un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continúan situándose preto dos 20 graos. Os ventos sopran do suroeste.
Para este mércores 18 reforzarase a influencia anticiclónica con ceos nos que se alternarán nubes e claros, segundo información facilitada polo servizo de Meteogalicia. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente, con valores altos para esta época do ano. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.
A situación atmosférica continuará marcada polas altas presións durante o xoves deixando un ambiente estable. Haberá intervalos de nubes de tipo alto, con presenza de nubes baixas procedentes do Atlántico no litoral pontevedrés. As temperaturas non sufrirán cambios e os ventos continuarán sendo frouxos de compoñente sur.
A joranada do venres manterá este tónica pero o sábado aumentarán as probabilidades de precipitacións, os ventos tenderán a soprar de compoñente norte cun importante descenso das temperaturas. As precipitacións terán carácter intermitente.