Augas de Galicia espera rematar este ano o asfaltado nos tramos de saneamento Cadrelo e Pereiro
Por Redacción
Augas de Galicia espera rematar este ano o asfaltado nos tramos da rede de sumidoiros nos lugares de Pereiro e Cadrelo, na parroquia de Santo Tomé de Piñeiro.
Incluíndo a obra de saneamento de Pereiro-O Pozo, que facilitará a posta en servizo da infraestrutura xa rematada de Miñán-A Esperela, ambas actuacións suman un investimento dun millón de euros.
A primeira de 540.000 euros e a segunda de 753.000 euros están a ser cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).
Estas dúas actuacións están recollidas no convenio asinado en 2010 entre a Xunta e o Concello, polo que se desenvolven varias infraestruturas hidráulicas no rural e do cal xa se executaron actuacións por máis de 1,5 millóns de euros.