Detidos cinco arousanos que pretendían introducir en España 93 quilos de cocaína
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional, pertencentes ao GRECO-Galicia e á UDYCO da Comisaría Provincial de Pontevedra, detiveron a sete persoas, cinco delas en Arousa, que pretendían introducir en España 93 quilos de cocaína ocultos en bloques de pedra.
A ruta marítima prevista para o transporte por mar do estupefaciente era Bolivia-Chile-Algeciras, para o seu posterior traslado por terra ata Almería. A droga foi interceptada polas autoridades aduaneras chilenas antes de partir cara ao noso país.
A investigación comezou en 2011 cando se detectou a unha organización de traficantes afincada en Madrid, composta por cidadáns colombianos e con conexións con outra banda de 'narcos' que operaba desde Galicia.
Con toda a información obtida e grazas á colaboración policial internacional, a Forza Especial de Loita contra o Narcotráfico do Estado Plurinacional de Bolivia realizou unha petición ás Autoridades Aduaneiras Chilenas para que efectuasen a inspección da carga dun contentor que transportaba rocas de granito detectando un habitáculo creado para transportar a droga no seu interior. Deste xeito, os axentes do país sudamericano se incautaron de 93 quilos de cocaína.
Unha vez identificado o nome da sociedade importadora do granito, corroborouse que os datos coincidían coa empresa creada pola organización de 'narcos' investigada en España, sendo tres dos seus membros os destinatarios desta mercancía ilícita. Unha vez interceptada a droga en Chile, os investigadores españois coa colaboración da Oficina da DEA en Madrid procederon á detención de sete compoñentes do grupo de narcotraficantes, cinco deles en Galicia e dous en Málaga.