"Non se corresponde coa realidade", argumenta o PP de Poio para votar contra os orzamentos
Por Redacción
O Partido Popular non apoiará os presupostos municipais presentados hai uns días polo goberno local de Poio.
Así o explicou o seu portavoz, Ángel Moldes, xustificando a decisión do seu grupo en que "non soluciona, senón que afonda, nos problemas recorrentes do Concello de Poio: a carencia de infraestruturas, o descontrol no gasto e a dependencia no crédito".
Moldes defende que "o Concello non vos vai cumprir", polo que "non ten sentido apoiar algo que non se corresponde coa realidade".
En termos máis concretos, o representante do Partido Popular sinalou ás cifras asignadas á Festa do Mar e á Festa da Ameixa, un total de 96.000 euros que "non chega para cubrir ningunha das dúas festas individualmente", o que provoca, asegura, "o resultado que xa coñecemos, que o Concello ten máis de 100.000 euros só en gastos sen contabilizar da Festa do Mar".
Ángel Moldes criticou tamén que o importe máis elevado dentro do apartado de investimentos sexa o destinado "a pagar facturas pendentes, con 278.000 euros", o que evidencia segundo o seu parecer un desistenrés polo investimento.
"Fan que o desbaraxuste orzamentario, o gasto sen control e a irresponsabilidade fiscal se perpetúen no Concello de Poio" concluíu tras anunciar unha análise máis detallada das contas municipais nos próximos días.