Detido un rapaz que escapou en bicicleta despois de roubar nunha xoiería de Sanxenxo
Por Redacción
A Garda Civil detivo un mozo de 20 anos de idade e veciño de Sanxenxo como suposto autor dun delito de furto nunha xoiería de Sanxenxo.
Segundo fontes oficiais do Instituto Armado os feitos sucederon ás 20:00 horas do mércores cando o mozo entrou nunha xoiería da localidade e tras solicitar da dependente unha cadea e un colgante para probarllo, deuse á fuga nunha bicicleta coas xoias na súa poder.
Inmediatamente, por compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Sanxenxo, montouse un dispositivo para a súa localización dando resultado positivo sobre as 21:30 horas coa localización e detención do suposto autor.
O detido, que conta con antecedentes policiais, foi conducido ás dependencias oficiais da Garda Civil para a instrución das dilixencias correspondentes que serán entregadas, xunto co mozo, no Xulgado de Instrución número tres de Cambados.