O Concello de Marín acende a iluminación do Nadal co inicio da ponte festiva
Por Redacción
O Concello de Marín acende este venres 4 a iluminación do Nadal. Coa fin de que a ponte festiva xa luza con esta ambientación, a ornamentación acenderase ás 18.30 horas.
O punto neurálxico será a rúa do Sol, onde o Coro Thalassa ofrecerá un recital de panxoliñas.
Desde ese emprazamento terase á vista, de fondo, o Belén, que queda instalado nas escalinatas da Igrexa Vella, na intersección coa rua do Sol, Real e Echegaray. Quen se achegue a velo, poderán ver o portal e as figuras que xa se utilizaron nos últimos anos.
O centro urbano conta este nadal con máis adornos. Para iso o Concello colaborou coa Asociación da Praza de Abastos e tamén cos comercios.