Os rapaces do colexio de Campo Lameiro queren facer un xornal
Por Redacción
Os rapaces do colexio de Campo Lameiro queren facer un xornal. Aínda non teñen o nome, pero xa saben do que queren falar: das súas cousas, das que acontecen na súa contorna, as que lles interesan e preocupan.
Acompañados polas súas profesoras este venres decidiron achegarse ata Pontevedra para coñecer outras experiencias profesionais.
Así, os rapaces de quinto e sexto curso de Campo Lameiro visitaron a primeira hora Diario de Pontevedra e máis tarde achegáronse ata Pontevedra Viva. A súa intención era facer unha comparativa entre os diferentes xeitos de traballar.
Fixeron moitas preguntas e, entre todos, escribimos esta noticia que agora está vostede a ler.