Condenados os narcotransportistas que tiraron 4,2 toneladas de droga ao mar
Por Redacción
Encargáranlles transportar 4.200 quilos de haxix desde Marrocos ata España pero a Garda Civil desbaratou os seus plans. Sorprendidos polos axentes do Instituto Armado en metade do estreito, os lancheiros galegos decidiron tirar ao mar toda a carga.
Sucedeu en setembro de 2007 fronte á localidade de Benidorm, agora a Sección Cuarta da Audiencia provincial de Pontevedra acaba de condenar aos dous narcotransportistas, Francisco Javier O.M. e José Carlos P.P., a tres anos e nove meses de prisión.
O tribunal tamén lles impón dúas multas de once millóns e medio de euros.
Nesta mesma sentenza absólvese a outros dous acusados neste mesmo proceso.