A Deputación concede subvencións por valor de 300.000 euros a clubes e deportistas da provincia
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de subvencións por valor de preto de 300.000 euros para destinar a clubs deportivos e deportistas individuais de élite da provincia de Pontevedra para a realización de actividades de carácter extraordinario.
Estas subvencións teñen por obxectivo financiar a participación en competicións deportivas oficiais de ámbito estatal que esixan viaxar fóra da comunidade autónoma e competicións oficiais internacionais a nivel europeo e mundial.
A Deputación de Pontevedra destinará 191.772,54 euros a 218 deportistas individuais de 34 concellos da provincia.
Estes cartos contribuirán a impulsar, aínda máis, carreiras de deportistas como Antón e Carlos Paz Blanco (asistencia al campeonato del Mundo Clase 49er en Argentina, selectivo para Xogos Olímpicos Río 2016), Oscar Graña Blanco (asistencia al Campeonato de Europa de Piragüismo en Eslovenia, modalidad de Maratón), Ramón Ferro Dios (asistencia al Campeonato de Europa de Piragüismo en Eslovenia, modalidad de Maratón), Susana Rodríguez Gacio (asistencia al “World Paratriathlon Event”, en Río de Janeiro), Iván Alonso (asistencia al Campeonato de Europa de Piragüismo en Eslovenia), Jose Luis Bouza Pregal (campionato do Mundo de Pista Absoluto, en Milán), Diego Piña Estéves (Campionato del Mundo de Pista Absoluto, en Milán), Pablo Dapena González (Copa do Mundo de Triathlon, en Corea del Sur) e outros deportistas de élite ata un total de 218.
A institución provincial tamén vén de aprobar subvencións por valor de 99.958,36 euros para 75 entidades deportivas de 25 concellos da provincia.