O "perro de San Roque no tiene rabo"… nin o seu campanario ten campás
Por Redacción
Ao tradicional trabalinguas do "perro de San Roque no tiene rabo" tamén se lle pode engadir a coletilla de "nin o seu campanario ten campás", pois a capela do Santo en Pontevedra segue esperando a reparación dun dos seus elementos.
Neste último caso non foi Ramón Rodríguez o autor de tal desaguisado senón un desprendemento fortuíto sufrido o pasado mes de agosto cando en metade dun repicado soltouse da espadana.
Foi xusto o día do patrón. Agora os veciños esperan a pronta reposición da campá.