Tres feridos nunha colisión múltiple en Sanxenxo
Por Redacción
Tres persoas resultaron feridas debido a un accidente de tráfico rexistrado este luns na parroquia de Gondar ao chocar tres turismos no termo municipal de Sanxenxo.
Segundo informou o 112 Galicia o sinistro tivo lugar sobre as 12,00 horas na estrada PO-504.
Inicialmente solicitouse a colaboración dos Bombeiros do Salnés e dos membros do Servizo Municipal de Emerxencias ante a posibilidade de que un dos feridos estivese atrapado pero ao chegar ao lugar do accidente comprobaron que os feridos estaban totalmente liberados e accesibles, polo que non foi necesaria a súa participación.
Ao lugar o 061 trasladou unha ambulancia asistencial para atender aos feridos e tamén foron mobilizados a Garda Civil de Tráfico, así como efectivos da Axencia Galega de Infraestruturas.