Boa Vida organiza unha nova campaña de recollida de roupa, xoguetes e obxectos en bo estado
Por Redacción
A asociación Boa Vida, co apoio do Centro Estilo de Vida Activo, quere seguir recollendo roupa, calzado, xoguetes e obxectos en bo estado para axudar a persoas en dificultade social.
Nesta ocasión a organización conta co apoio de máis de 50 estableciemientos colaboradores, nos que as persoas que realicen unha doazón poderán someterse a modo de recompensa a un tratamento facial, de balde.
Ás persoas que acheguen, en Cruz Vermella 16, unha bolsa de obxectos que xa non necesitan entregaráselle un ticket opcional para acceder ao tratamento, entre o 8 de decembro e o 8 de xaneiro.
Se pretede así chegar á clientela dos establecementos da cidade.
Boa Vida recolle obxectos en desuso para vendelos posterioremente e conseguir que persoas que teñen difícil a súa incorporación ao mercado laboral reciban formación ou o acceso a unha axuda económica.
O obxectivo da asociación é chegar a 300 persoas da cidade que se atopan nunha situación de dificultade social.