Cruz Vermella atendeu este ano a 2.388 persoas da comarca afectadas pola pobreza
Por Oskar Viéitez
Durante o 2015 na comarca de Pontevedra, Cruz Vermella atendeu a 2.388 persoas desde os programas de loita contra a pobreza.
O actual contexto de crise socioeconómica levou a Cruz Vermella por unha banda a reforzar os programas habituais de resposta social e de loita contra o desemprego e a discriminación no mercado laboral e por outro, a poñer en marcha unha serie de intervencións específicas como son o plan de alimentos, ou a entrega de material escolar, e o pago de subministracións entre outros.
A través do financiamento de administracións públicas como o Fondo de Axuda aos máis desfavorecidos da Unión Europea (FEAD), Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, o Fondo Social Europeo e fondos propios, na comarca de Pontevedra repartíronse 2.040 prestacións sociais durante este ano 2015.
O labor do voluntariado é fundamental para o desenvolvemento destas accións fronte á crise xa que tamén interveñen na recepción, almacenaxe e distribución de produtos así como na entrega ás familias, que han de cumprir unha serie de requisitos socioeconómicos.
Ademais, participan nos talleres sobre economía doméstica ou consumo responsable e colaboran na acollida das familias realizando as entrevistas personalizadas. Máis de 15 persoas participaron durante este ano 2015 no programa de apoio urxente como voluntarios.
Relacionadas:
-
A Cruz Vermella distribúe 10.000 quilos de alimentos en Pontevedra
Por Redacción |
-
Un convenio para romper con la pobreza hereditaria
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Boa Vida organiza unha nova campaña de recollida de roupa, xoguetes e obxectos en bo estado
Por Redacción |
-
590 persoas participan como voluntarias en Cruz Vermella en Pontevedra
Por Redacción |
-
A Cruz Vermella distribúe este mes de xullo más de 314.800 quilos de alimentos na provincia
Por Redacción |