Atropelan á árbore de Nadal de Cambados
Por Redacción
A árbore de Nadal instalado fronte ao Concello de Cambados foi vítima este mércores dun atropelo.
Segundo informou a Policía Local, o accidente tivo lugar sobre as cinco da tarde cando un veciño de Sanxenxo, de 68 anos, sufriu un desmaio e perdeu o control do vehículo que conducía. Un turismo marca Mercedes que acabou encaixado contra a instalación luminosa.
Como consecuencia do impacto a árbore quedou torcida e coa barreira de madeira rota.
ACCIDENTE EN VILABOA
Por outra banda, segundo informou o 112, a colisión sen feridos entre un camión e un turismo na estrada N-550 no cruzamento coa N-554 en Vilaboa, provocou retencións. Sucedeu ás 18.30 horas deste mércores.