![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b5d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/566c17d8a4-firma-deputacion-meis-ribadumia.jpg)
© Deputación de Pontevedra
A Deputación destina 250.000 euros para a restauración da Igrexa de Santa María do Mosteiro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou prórrogas de convenios co Arcebispado de Santiago e cos concellos de Meis e Ribadumia para elaborar obras de restauración.
Desta forma, acometeranse traballos de restauración da Igrexa de Santa María do Mosteiro, para os que a institución provincial xa asinara un convenio co Arcebispado e o Concello de Meis por valor de 250.000 euros. Este convenio prorrógase ata o 31 de decembro de 2016 debido a que aínda non se concedeu a licenza municipal para a realización destas obras, xa que a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura non ditou o informe para a aprobación das obras de restauración.
Tamén se prorroga ata a mesma data, o convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello de Ribadumia, por valor de 179.500 euros para levar a cabo a realización do edificio de servizos complementarios no pavillón deste municipio. Esta prórroga débese á modificación que se ten que acometer na estrutura e a cuberta da instalación deportiva.