Lavado de cara ao muro da praia de Silgar
Por Redacción
O muro de pedra da praia de Silgar empezou a prepararse xa para o próximo verán. O Concello de Sanxenxo encargou aos operarios municipais que realicen traballos de encintado e levan xa varios días actuando na zona.
Segundo informou o Concello de Sanxenxo, os traballadores procederon inicialmente ao picado do cemento vello que une as pedras e que, debido ao seu estado de deterioro, favorecía a aparición de vegetación.
Trala limpeza e saneado do muro, os traballadores proceden agora ao encintado, o que garantirá un aspecto máis pulcro de cara ao verán. Trátase dunha actuación acometida de forma conxunta polas concellarías de Medio Ambiente e Obras.