Un pai acusado de abusar da súa filla de 10 anos defende a súa inocencia: "Es mentira"
Por Mónica Patxot & Natalia Puga
O veciño de Vilagarcía de Arousa Carlos G.P. insistiu este martes ante o tribunal da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra en que a súa filla de 14 anos mentiu cando hai tres anos, en 2012, asegurou que abusara dela. A nena, que tiña aínda 10 anos, relatou á súa nai e a súa avoa que o seu pai lle realizara tocamentos na cama e, por mor dese relato, formalizouse unha denuncia que acaba de chegar a xuízo.
O acusado insistiu en que "es mentira" que un día de agosto de 2012 se coase na habitación da súa filla en calzóns mentres ela durmía e a súa muller traballaba e, tras espertala e meterse na cama, realizou toda unha serie de frotamentos a pesar de que ela lle pediu que parase. Este é o relato de feitos que sostén a nena, pero el asegura que nunca realizou ningunha acción para tentar satisfacer os seus desexos sexuais coa súa filla.
A nena, que declarou detrás dun biombo, ratificou o que denunciara no seu día. Non lembra exactamente o día, pero si sabe que foi sobre as nove da mañá dun día de agosto porque estaba de vacacións e adoitaba quedarse na casa co seu pai, que estaba en paro.
A nena tardou varios días en contar o sucedido porque "no sabía cómo contarlo". Primeiro contoullo á súa avoa porque é quen a criou e "tengo más confianza con ella" e logo dixéronllo á nai, que, en canto o soubo, foi a casa a recriminárse á súa parella. A nena declarou que "fue esa vez solo", pois en anteriores ocasións durmira co seu pai e "nunca me hacía nada".
A nai da pequena asegurou que ela non sospeitaba que o seu marido puidese facer nada á nena, pois tiñan unha bo relación pai-filla. Cando o soubo e recriminoullo "nin mo confirmou nin mo negou", pero desde ese día foise de casa e xa non volveron convivir. Aínda tardou varios días en denunciar porque "era algo que non me esperaba, non supen reaccionar". De feito, arrepíntese desa tardanza: "metín a pata, seguramente que si".
O acusado recoñeceu que na mesma época na que presuntamente se produciron os feitos que é xulgaron este martes na Audiencia tivo outra denuncia por unha presunta agresión sexual a unha vendedora que foi á súa casa a ofrecrerle un seguro. Na sala non se puido concretar en que derivou esa denuncia e nin a muller nin a sogra do acusado sabían nada respecto diso, agás que lles chegou a información como "un rumor". O acusado recoñeceu a denuncia, pero asegurou que "quedou en nada".
O xuízo quedou este martes visto para sentenza. A Fiscalía mantén que o procesado é autor dun delito de abuso sexual a menor de 13 anos polo que pide que sexa condenado a catro anos de prisión e a que non poida aproximarse a menos de 500 metros da súa filla durante outros catro anos.