A Unión Federal de Policía pon en marcha a Operación Potitos II
Por Redacción
Por segundo ano consecutivo, a Unión Federal de Policía decidiu poñer en marcha a Operación Potitos. Esta campaña desenvólvese ata finais de xaneiro e o obxectivo é recadar durante este período do Nadal alimentos que poidan doarse, entre outros, potitos, xoguetes, roupa e comida non perecedoira.
Os interesados en participar poden deixar estes alimentos nas comisarías e nas sedes da Unión Federal de Policía, que tamén colaborará con doazóns para tentar axudar ás persoas necesitadas durante estas festas do Nadal.