Resucita o proxecto de estación intermodal de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia acaban de resucitar o vello proxecto para dotar a Pontevedra dunha estación intermodal para unificar as estacións de ferrocarril e autobús na capital.
O anuncio fíxose na Subdelegación do Goberno de Pontevedra onde se celebrou este mércores unha reunión de traballo para abordar a intermodalidade das estacións galegas, á que asistiron a ministra Ana Pastor; o presidente do Adif, Gonzalo Ferre, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda da Xunta, Ethel Vázquez; entre outras autoridades.
A pasada semana o presidente da Xunta, Alberto Núlez Feijóo deixara fóra destes plans á cidade do Lérez sinalando que a intermodalidade de Pontevedra íase a estudar.
Con todo, a conselleira puntualizou que a idea para Pontevedra pasa pola "mellora da estación de autobuses" para a súa conexión coa de ferrocarril "e desde a Xunta de Galicia comprometémonos a iso".
Ana Pastor lembrou que "llevamos mucho tiempo trabajando en el tema de intermodalidad" e que xa se reformou a estación de trens e que "tan sólo queda la parte jurídica por cerrar" polo que agora son os técnicos do Adif os que traballan no plan funcional "para solucionar la conectividad y que no nos mojemos", apuntou.
Pontevedra ten "una solución mucho más fácil que otros casos", concluíu.