Compraches lotería do Arosa SC? Comproba os teus números
Por Redacción
O Arosa SC denunciou na Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Vilagarcía a desaparición dun dos talonarios da Lotería de Nadal que puxo á venda.
Trátase do talonario número 121, que pertencía a un dos xogadores da base e que, segundo a entidade, "foi extraviado ou roubado ao seu posuidor orixinal".
Son as participacións numeradas desde o 3001 ao 3015, ambos inclusive.
Os feitos puxéronse en coñecemento da entidade bancaria explicando que os boletos foron anulados, polo que non darán dereito a cobro no caso de que o número 71.184, que xoga o Arosa, resulte premiado no sorteo do próximo día 22 de decembro.
Relacionadas:
-
O Arosa pecha unha triste primeira volta caendo goleado fronte ao Racing Villalbés (3-1)
Por Redacción |
-
O Arosa non pasa apuros para vencer ao pechacancelas Noia (3-0)
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Así celebra o Arosa o seu 70 aniversario
Por Redacción |
-
Empate insuficiente para Alondras e Arosa (0-0)
Por Redacción |