A Asociación Pousos de Area recupera os cantos de Nadal en Marín
Por Redacción
A Asociación folklórica Pousos de Area recuperará o próximo 24 de decembro os cantos de Nadal en Marín. Unha actividade que o presidente do colectivo cultural e a concelleira de Cultura, María José de Pazo presentaron este xoves 17 no Concello. As interpretacións comezarán esa xornada ás 11.00 horas ante o Belén da rua do Sol, onde cantarán panxoliñas, romances e cantos de reis; seguirán no palco da Alameda e concluirán ás 13.00 horas na porta do Concello.
A agrupación, composta por unhas quince persoas, adultos e menores, irán vestidos co traxe tradicional de Nadal. Indumentaria que chama a atención polos chapeus realizados artesanalmente con "vimbia" e as bandas de raso vermello que locen no peito.
A concelleira María José de Pazo felicitou a iniciativa e destacou a importancia de apoiar este tipo de actividades, xa que serven para manter vivas estes costumes que forman parte da cultura autóctona, ademais de para festexar o Nadal.