O Nadal en Marín está cheo de posibilidades
Por Redacción
Desde este venres e ata o día de Reis, o Concello de Marín organiza e colabora en moitas actividades de ocio, culturais e deportivas dirixidas a poder ofrecer un amplo abano de posibilidades para pasar este Nadal.
A Alameda Rosalía de Castro volverá ser o centro neurálxico coas carpas que se instalan tratando de dar cobertura, se o tempo non colabora, para que os nenos poidan ter unha axenda completa de xogos para a parte infantil, máis electrónicos para os máis xuvenís e coa Feira de Artesanía que expón a Asociación de Artesáns.
Este ano pretende diversificarse en tres espazos, para que os máis pequenos se separen dunha idade máis xuvenil e tratar de ter ambientes diferenciados que satisfagan a máis público.
O esforzo deste ano é importante tanto na decoración como coa colaboración co comercio, coas actividades que estarán fixas todas as vacacións escolares así como coa axenda cultural e deportiva que realizan as asociacións e o clubes xunto co concello.
Elaborouse un amplo programa, tendo xa este sábado un Concerto de Nadal da Banda de Música da Escuela Naval Militar de Marín no Multiusos ás 19.00 horas e posteriormente a Gala Canta Marín no Nadal organizada polo Asociación Amigos dos Rapaces en beneficio das ONG´s sociais de Marín co obxectivo de recadar fondos e alimentos nestas datas.