O Complexo Hospitalario de Pontevedra homenaxea aos 81 profesionais xubilados este ano
Por Redacción
Ata 81 traballadores concluíron este 2015 a súa traxectoria profesional no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e O Salnés así como los centros de saúde desta área sanitaria. Todos eles participaron este venres 18 na homenaxe que lles ofreceu a Xerencia de Xestión Integrada. Unha reunión á que tamén acudiu o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña e o xerente do complexo, José Manuel González.
Un vídeo con testemuños dalgúns destes profesionais abriu a homenaxe celebrada en Montecelo. Ademais dos tradicionais obsequios, entregóuselles un cartón dourado que os identifica como persoal xubilado desta área sanitaria. O xerente de Xestión Integrada sinaloulles que "representa que seguides sendo parte desta institución, que sempre ou seredes, e que como tal vos recoñeceremos todos".
O conselleiro de Sanidade pechou o acto dando "a todos os profesionais desta Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, as máis sinceras grazas polo traballo que facedes a diario para o bo funcionamento do sistema sanitario e polo ben da cidadanía de Pontevedra e de Galicia. A dedicación de profesionais da mediciña, a enfermería, a administración ou o mantemento, entre outras áreas de traballo, merecen o recoñecemento de tantos anos de esforzo e entrega".
A coral "O Chopo" concluíu a homenaxe.