Atropelan un ciclista na avenida Juan Carlos I
Por Redacción
Ás dúas da tarde rexistrouse un accidente de tráfico na avenida de Juan Carlos I.
Un ciclista resultou atropelado por un turismo cando circulaba pola rotonda.
O ferido atopábase consciente e presentaba feridas de carácter leve.
Ao lugar do accidente acudiu a Policía Local e unha ambulancia do 061 que atendeu ao ciclista.