Voan os camaróns no Mercado a 140 euros o quilo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A pesar do carísimos que estaban, a 140 euros o quilo, os camaróns voaron na Praza de Abastos de Pontevedra e a media mañá xa non había rastro dos de gran tamaño.
De novo este 24 de decembro o mercado pontevedrés rexistrou un gran ambiente de compras de quen quixo levar as súas mesas o mellor produto e o máis fresco posible.
Na cidade do Lérez o rei é o marisco e a súa mensaxe do Nadal é máis caro que o ano pasado. Aínda que son moitas as familias que optan por adiantar as compras antes destas datas, para asegurarse que non falta de nada. Conxelar é aforrar, din. Outros, en cambio, prefiren apurar e levalo fresco. Aínda que cada vez é máis o produto que viaxa ata o sur da península.
- Percebe................... 80 euros (había moi pouco)
- Centola................... 35 euros a máis grande
- Boi......................... 12 euros
- Nécoras.................. 30 euros pequena e 60 a grande
- Vieira..................... 12 euros
- Lagostinos.............. 12 euros
- Gambón................. 14 euros
- Bogavante............. 45 euros
- Camarón................ 45 o pequeno e 140 euros o grande
- Lagostino................. 45 a pequena e 95 euros a grande
- Ameixa babosa......... 22 euros
De media as familias fan compras para unha mesa con 12 comensais, case sempre en casa dos avós.
En canto a peixe, o máis vendido para estas datas é o ollomol, que se vendía a 25 euros o quilo, un prezo similar ao do bacallau, dourada podíase atopar a 8,50 euros o quilo; a robaliza, a 8,90 euros; a pescada, a 14, polo rape pagáronse 20 euros o quilo.
Finalmente en canto aos produtos cárnicos o quilo de cabrito saía a 12,50 euros. O prezo do lechazo era de 11,50 euros e o prezo da perna de cordeiro saía a 8,30 euros.
A todos, bo proveito.