"Este año sí que he sido buena…"
Por Redacción & Mónica Patxot
Contra vento e marea os Reis Magos de Oriente cumpriron co seu programa chegando puntuais á recepción ofrecida no Pazo de Mugartegui.
Centos de nenos acudiron á cita para fotografarse xunto as Súas Maxestades e algúns, os máis tardóns, aproveitaron tamén para entregar a carta.
Entre estes últimos estaba Sabela, unha nena de sete anos que lle asegurou a Baltasar que "este año sí que he sido buena…". Parece ser que o ano pasado esaxerou "un poquito" cando lles dixo que se portou ben. Aínda así lle trouxeron moitos agasallos polo que, nesta ocasión, espera que mañá aparezan "unha chea de xoguetes debaixo da árbore".
A cita cos Reis Magos está cargada de maxia e ilusión, pero tamén de medo no caso dos máis pequenos. Ademais, aínda que para moitos é o seu favorito, algúns nenos miran a Baltasar con receo.
Sucedeu durante a recepción no Pazo de Mugartegui. Mentres Melchor e Gaspar atendían a unha longa fila de críos, a Baltasar víaselle máis liberado "si no quieren venir los niños que vengan los mayores", dixo entón o rei negro. Inmediatamente numerosas nais acudiron á invitación sentándose nos xeonllos da Súa Maxestade.
CARAMELOS SEN AZUCRE
Os Reis están a cumprir os desexos de todos os nenos, algúns por adiantado. É por iso que os rapaces da Asociación de Nenos e Nenas con Diabete de Galicia (ANEDIA) leváronlles a Melchor, Gaspar e Baltasar, doces típicos desta data elaborados por eles mesmos respectando as súas necesidades nutricionais.
Foi o seu xeito de agradecerlles persoalmente o seu bo facer ao repartir este ano caramelos sen azucre na súa recepción oficial.
Debían levar fame porque os Reis zamparon estas galletas, magdalenas e biscoitos cunha escasa porcentaxe de hidratos de carbono de absorción rápida.
Relacionadas:
-
A cabalgata dos Reis Magos ábrese paso entre paraugas
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Os Reis Magos fan parada nos hospitais da cidade
Por Redacción |
-
Os camelos da Cabalgata de Pontevedra quedan 'tirados' en Ourense
Por Redacción |
-
A Cabalgata de Reis estrea percorrido e operativo de tráfico en 2016
Por Redacción |