O PP denuncia que o Concello lle nega o acceso á documentación relativa a Aquagest
Por Alejandro Espiño
Desde que o pasado 18 de novembro o Partido Popular solicita por vez primeira en dependencias municipais toda a documentación relativa aos contratos de Aquagest co Concello, o único que recibiron é reiteradas negativas. Así o denunciou este xoves o portavoz dos populares, Jacobo Moreira, que criticou esta falta de transparencia na xestión do goberno que preside Miguel Anxo Fernández Lores.
Jacobo Moreira explicou que solicitaron acceso a eses expedientes por escrito, tal e como están obrigados a facer neste último mandato municipal.
Os populares recibiron o día 9 de decembro un oficio asinado polo alcalde no que "no nos concede ese derecho" e supedita o acceso a esa información a un informe dos servizos contables do Concello para que aclare se se tratan de datos protexidos ou que afecten á intimidade dos cidadáns.
Para Moreira, non se trata máis que dunha "excusa" para non permitir o acceso da oposición a esa información. "No queremos pensar que eso tenga relación directa con lo que investiga un juzgado de Lugo", afirmou en relación coa documentación requirida pola xuíza Pilar de Lara no marco da operación Pokemon. En todo caso, o portavoz popular asegura que a súa petición "no tiene nada que ver con eso", a pesar de coincidir con ese procedemento.
Por iso, os populares pregúntanse "si tendremos que acudir a los tribunales cada vez que queremos un papel" e reiteran que esta "no es una buena actitud" por parte do alcalde "y así no me extraña que suspendamos año tras año en transparencia", lamentou Jacobo Moreira.
Neste sentido, o portavoz do PP pontevedrés reiterou a necesidade de aprobar en Pontevedra unha ordenanza de transparencia da que, actualmente, carece o Concello porque "somos una ciudad abierta y necesitamos un gobierno abierto y transparente que no ponga cortapisas y obstáculos para acceder a la información".
Relacionadas:
-
O PP denuncia que o Concello fai un emprego "abusivo" dos contratos negociados sen publicidade
Por Redacción |
-
O Concello entregará no prazo de cinco días a documentación solicitada polo PP sobre Aquagest
Por Alejandro Espiño |
-
O PP insta á creación dunha comisión de investigación sobre Cespa e Aquagest
Por Redacción |
-
A oposición, disposta a cambiar as "regras do xogo" do Concello, con ou sen o BNG
Por Redacción |
-
O Concello de Pontevedra suspende en transparencia
Por Oskar Viéitez |
-
Axentes de Aduanas entran no Concello de Pontevedra para reclamar documentación de Aquagest
Por Anxo Lourido & Alejandro Espiño & Cristina Saiz | Creada e actualizada