Plan de emerxencia para reparar os danos do temporal nos colexios do municipio
Por Redacción
As intensas choivas que están a deixar en Pontevedra os temporais dos últimos días están a provocar danos de diversa consideración en moitos dos colexios de Infantil e Primaria do municipio. E o Concello actuará de forma urxente para solucionar estes danos.
Desde a concellería de Educación estívose visitando nas últimas horas gran parte destes centros educativos e atendéronse todas as chamadas das direccións dos colexios para, a partir do luns, iniciar a reparación destes danos.
Segundo indican desde o goberno municipal, será necesario acometer a limpeza de canlóns obstruidos, entradas de auga en tellados e xanelas ou inundacións pola subida do nivel dos ríos, entre outras.
Os servizos técnicos do Concello están a realizar unha valoración dos danos e as actuacións para reparalos serán aprobadas o vindeiro luns polo procedemento de emerxencia, de forma que poidan comezar a actuar neles ese mesmo día.
O ritmo das actuacións será o que fixen estes criterios técnicos.
Relacionadas:
-
Aproban obras por vía de emerxencia para resolver filtracións de auga en colexios e centros culturais
Por Redacción |
-
FOTOS: Carallo como chove!
Por Redacción |
-
Cuntis e Ponte Caldelas, con ríos desbordados e casas anegadas por segundo día consecutivo
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Un semáforo das Corbaceiras cede ante a forza do temporal
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Incidencias nas Rías Baixas como consecuencia das fortes chuvias
Por Redacción | Creada e actualizada