Os universitarios pontevedreses abarrotan as bibliotecas, tamén de madrugada
Por Oskar Viéitez
A Biblioteca Central Universitaria do Campus de Pontevedra vive xornadas de gran trafego debido ao inminente inicio de exames deste primeiro cuadrimestre.
De maneira excepcional a biblioteca pontevedresa está aberta polas noites ata as tres da madrugada. Este horario nocturno abarca do 7 ao 19 de xaneiro, igualmente este horario repetiuse entre os días 7 e 18 de decembro. Por suposto, inclúe a apertura durante a fin de semana.
Os estudantes que aquí acoden a 'fincar os cóbados' aseguran que acudir á biblioteca axuda a concentrarse mellor no medio do 'ambiente de estudo' e evita as distraccións como o mando da televisión ou os 'picoteos da cociña'.
As clases do segundo cuadrimestre arrincarán xa o xoves 21 de xaneiro.