O pleno de Marín solicita cinco millóns de euros de financiamento europeo
Por Redacción
Os grupos municipais do PP, PSOE e BNG no Concello de Marín votaron a favor de solicitar 4.997.945 euros, o máximo permitido.
De ser concedidos, estes fondos destinaríase á reforma urbana da contorna da avenida Ourense, a construción dun equipamento socio-cultural e o plan de mobilidade.
A abstención de Marea evitou a unanimidade na corporación marinense.
As críticas da oposición centráronse nos mecanismos de participación cidadá e na forma na que se presenta o documento.