Afectados polas preferentes acuden ao Pleno da Deputación
Por Redacción
Un grupo de afectados pola compra de participacións preferentes e subordinadas acudiron á o pleno da Deputación.
Coincidiron na súa mobilización cun grupo de traballadores do Museo Marco de Vigo que reclaman o mantemento dos seus empregos.
O presidente da institución foi recibido entre pitadas e ao grito de "Louzán cacique, o Marco vai a pique"
No transcurso do pleno o portavoz do Grupo provincial do BNG, Cesareo Mosquera, dirixiuse a Rafael Louzán para decirlle que "isto hai que resolvelo políticamente. Se se quere, se resolve políticamente hoxe mesmo".
O voceiro do Grupo provincial do PP e vicepresidente da institución, José Manuel Figueroa, respostou que "para nos isto é unha estada en toda regla a afectado que deixaron os seus aforros nunha entidade bancaria e foron enganados".