Nodosa garante ano e medio de traballo tras o encargo dun arrastreiro
Por Redacción
A empresa Nodosa Shipyard ven de garantirse carga de traballo para os próximos 18 meses tras asinar un contrato para a construción dun arrastreiro destinado á captura de lura en Malvinas.
O encargo do buque, de 63,7 metros de eslora por 12 de manga, é cousa dunha sociedade mixta hispano-británica, segundo a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME).
Na carteira de pedidos deste estaleiro marinense xa figuran un palangreiro de 60 metros de eslora tamén para as Malvinas, un arrastreiro encargado por un grupo holandés para traballar no Mar do Norte e un remolcador de 70 toneladas de tiro para un operador nacional.
A empresa Nodosa Shipyard, propiedade das familias Novás e Dopico, conta actualmente con tres centros de traballo operativos na provincia, a factoría na parroquia de Bueu, o varadero e a nave de reparacións dentro do Porto de Marín, e o taller mecánico Nodosafer, situado no barrio pontevedrés de Mollabao.
Relacionadas:
-
Nodosa bota un palangreiro
Por Redacción |
-
O estaleiro de Marín segue crecendo
Por Oskar Viéitez |
-
Non é atún todo o que cae nas redes
Por Oskar Viéitez |
-
A taxa de paro no municipio de Pontevedra é do 18,1%, o dato máis baixo desde o ano 2009
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Nodosa despacha unha peza de 95 toneladas
Por Redacción |
-
Portos polacos interésanse pola calidade operativa do porto de Marín
Por Redacción |