A auga será a protagonista do entroido
Por Redacción
A auga e o vento marcarán o inicio do entroido pontevedrés. As choivas, que entrarán de cheo na comarca este venres noite, manteranse polo menos ata mediados da semana que vén. Segundo Meteogalicia, no comezo do entroido "teremos un tempo desapracible, marcado polas choivas e o vento, particularmente na xornada do sábado", coincidindo co desfile. Con todo, ata este mesmo venres non se esperan precipitacións, dominando un ceo con nubes e claros.
Desde este mércores, 3 de febreiro, e ata o venres, día 5, o tempo caracterizarase por unha certa estabilidade. Así, ao longo do xoves e venres, 4 e 5 de febreiro, predominarán unhas temperaturas suaves, con máximas de 16 graos e mínimas de entre 7 e 8, propias deste período. O ceo presentará claros e nubes que se verán modificados co comezo da fin de semana.
Durante a noite do venres, 5 de febreiro, a calma e a estabilidade darán paso á entrada dunha forte borrasca que deixará contundentes precipitacións ao longo dos seguintes días. Tanto o sábado como o domingo, 6 e 7 de febreiro respectivamente, caracterizaranse polo dominio das choivas. Doutra banda, o vento tamén será protagonista deste entroido, alcanzando unha forte intensidade durante a xornada do sábado.
O comezo da seguinte semana seguirá xerando inestabilidade, aínda que se espera que cesen tanto as choivas como o vento, que se verán reducidas case na súa totalidade.
Relacionadas:
-
Pontevedra, baixo os efectos de chuvias intensas e fortes ventos nos próximos días
Por José Alberto Graña Pérez |
-
Aprazan o desfile do Entroido en Pontevedra para o sábado 13
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Dispositivo especial de tráfico durante o sábado polo desfile de entroido
Por Redacción |