O Poli Paco promociona o Sinal PF
Por Redacción
Os responsables do programa municipal de seguridade viaria sumáronse de forma altruísta á elaboración dun vídeo promocional sobre o Sinal PF, un dispositivo deseñado para evitar atropelos na estrada.
Ademais das vantaxes que este sinal ten como dispositivo de advertencia e prevención, foi deseñado por un incondicional de Sanxenxo, Leonardo Nortes, que xa no momento do seu lanzamento quixo que fose Sanxenxo un dos primeiros lugares onde presentalo.
Un dos momentos máis inseguros no tráfico é cando unha persoa baixa do seu vehículo sen sinalización preventiva algunha. O Sinal PF alerta aos condutores da necesidade de manter unha marxe de distancia para evitar un accidente ou atropelo.
En 2015 este dispositivo foi recoñecido polo Salón Internacional da Mobilidade Segura e Sustentable Trafic celebrado en Ifema, como o sinal máis innovador en seguridade viaria.
Tras participar en varias accións promocionais deste novo dispositivo, Abelardo Martínez e Manuel Martínez darán a coñecer este sinal, convencidos das vantaxes que ten a nivel de prevención e seguridade.
Relacionadas:
-
O Poli Paco presenta ao avó Nicolás e a Paquito
Por Redacción |
-
Unha curtametraxe dos nenos do colexio da Florida, na busca dun premio de seguridade viaria
Por Elena Álvarez Quintá |
-
O inspector de Pontevedra Ángel Ruibal e o policía de Sanxenxo Abelardo Martínez reciben os premios Fesvial
Por Redacción |
-
Abelardo Martínez, promotor do "Poli Paco", medalla á seguridade viaria
Por Redacción |
-
Os polis Paco e Lola ensinarán seguridade viaria aos escolares de Sanxenxo
Por Redacción |