A antiga Cámara Agraria, agora por 704.000 euros
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia volveu a publicar a saída a poxa do pazo da praza do Teucro a un prezo rebaixado. Concretamente 124.000 euros menos que o pasado mes de xaneiro, cando a poxa quedou deserta.
Terá lugar o próximo día 15 de marzo de 2016, ás 11.30 horas, na sala de conferencias do Edificio Administrativo de Pontevedra, na rúa Fernández Ladreda.
A antiga sede da Cámara Agraria sae de novo a licitación por un prezo de 704.000 euros.
A casa está situada na praza do Teucro, 18, esquina rúa Real da cidade de Pontevedra, composta de semisoto, baixo e un piso de 276 metros cadrados segundo o Rexistro da Propiedade e duns 496 metros cadrados segundo os datos da Dirección Xeral do Catastro.
Será a cuarta ocasión na que este inmoble sae a poxa.