Rueda, único candidato a presidir "la época más difícil del PP de Pontevedra"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Pechado o prazo establecido confírmase que a de Alfonso Rueda é a única candidatura para presidir o Partido Popular da provincia de Pontevedra.
O secretario xeral do PPdeG e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presentou este venres preto dun centenar de avais, entre eles, destaca o apoio do presidente saínte, Rafael Louzán, xunto cos presidentes locais e portavoces municipais do PP na provincia, máis os deputados populares no Congreso estatal e no Parlamento galego, así como afiliados ao PP que traballan directamente con Rueda na Xunta.
Hermético nas súas respostas, Alfonso Rueda non quixo desvelar a composición do equipo co que concorrerá ao Congreso Provincial a mediados de marzo, tan só avanzou que pretende facer unha "renovación importante" e dirixirse mesmo a "gente que nunca estuvo en la política activa".
"Ahora toca patear la provincia y conformar un equipo para la época más difícil del PP de Pontevedra", manifestou.
A nova cúpula do PP provincial será "lo más representativa territorialmente" e terá unha perfil "bastante ejecutivo" e actuará dividida en "áreas de trabajo".
O actual secretario xeral do PPdeG chega convencido de que "hay cosas que corregir" aínda que admite que será continuista "en lo que se hacía bien" para que os preto de 35.000 afiliados lémbrenlle como "alguien que vino a trabajar duro y a dejar el PP en una mejor situación" que a que se atopou.
Rueda da por feito que o tema da corrupción "saldrá en las reuniones" programadas coa militancia, polo que sinalou que é "una de las cosas" que o seu partido ten que "combatir" e asegurou que "esas prácticas tienen que quedar desterradas".
Relacionadas:
-
Rueda 'ficha' a Nidia Arévalo como vicepresidenta do PP de Pontevedra
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Rueda cre que o PP debe ser "inflexible" ante os casos de corrupción
Por Redacción |
-
Valoran coma "una muy buena decisión para Pontevedra" que Alfonso Rueda queira presidir o PP provincial
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda quere presidir o PP de Pontevedra: "É unha decisión meditada e responsable"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada