Valoran coma "una muy buena decisión para Pontevedra" que Alfonso Rueda queira presidir o PP provincial
Por Redacción
A deputada nacional por Pontevedra, Irene Garrido, e a senadora Marta Lucio, compareceron este luns nunha rolda de prensa para valorar distintos asuntos de actualidade, entre eles, a decisión de Alfonso Rueda de presentarse como candidato á presidencia do PP da provincia, de fronte ao congreso que os populares pontevedreses organizarán o próximo 13 de marzo.
Irene Garrido, ata agora presidenta do Instituto de Crédito Oficial, asegurou que "Pontevedra necesita una reorganización".
Garrido Valenzuela, parente do vicepresidente da Xunta e secretario xeral do PPdeG, trasladou a súa "admiración personal, profesional y política hacia Alfonso Rueda" asegurando que el é a persoa idónea para cubrir o oco que deixa Rafael Louzán tras 16 anos de mandato polo que "ha sido una muy buena decisión para Pontevedra", dixo.
Por outra banda, tanto a deputada nacional como a senadora explicaron a folla de ruta do seu traballo na provincia, e que pasa por "continuar organizando reuniones periódicas para coordinar todas aquellas iniciativas, inquietudes y necesidades que se les propongan, tanto desde el punto de vista individual como colectivo de la provincia".
"La nuestra será una política a pie de calle, próxima al ciudadano y a sus sensibilidades", subliñou Marta Lucio.
Relacionadas:
-
Rueda cre que o PP debe ser "inflexible" ante os casos de corrupción
Por Redacción |
-
Rueda, único candidato a presidir "la época más difícil del PP de Pontevedra"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Alfonso Rueda quere presidir o PP de Pontevedra: "É unha decisión meditada e responsable"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada