Dirixentes do PP e traballadores de ENCE defenden a Rajoy antes do Pleno
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f2f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/56caec576f-20160222_104949.jpg)
© Carolina Buceta
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f2a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/56caf50e12-20160222_104723.jpg)
© Alberto Graña
Partidarios e opositores á decisión de declarar ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, "persoa non grata" déronse cita na mañá deste luns ante o Teatro Principal de Pontevedra.
Entre os opositores atopábanse diferentes cargos do Partido Popular como Pilar Rojo, Paula Prado, Teresa Pedrosa, José Benito Suárez Costa, ademais de numerosos traballadores de Ence.
Fronte a eles, representantes da Asociación pola Defensa da Ría, co seu presidente Antón Masa á cabeza, ademais de representantes veciñais como o presidente da Federación de Veciños Castelao, Juan Manuel Loureiro.
Houbo un enfrontamento verbal entre os colectivos de ambos os bandos ás portas do Teatro Principal facendo referencia á continuidade de Ence na ría.
Durante o inicio da sesión, na moción sobre Mariano Rajoy producíronse varios momentos de tensión por parte do público cando realizaba a súa exposición da proposta o concelleiro socialista Agustín Fernández, que obrigaron a suspender durante cinco minutos o pleno.
Ás 12.30 continuou o pleno, pero no momento de exposición do representante de Marea Pontevedra, Luis Rei, os berros desde o público provocaron unha nova suspensión e o alcalde convocou unha xunta de portavoces para decidir que facer.
Finalmente, a moción declarando "persoa non grata" a Mariano Rajoy foi aprobada ás 13.45 horas co apoio dos grupos do PSOE, Marea Pontevedra e BNG e o voto en contra de Ciudadanos. Os concelleiros do Partido Popular abandonaron os seus asentos para non participar nesta "obra de teatro", segundo explicou o seu portavoz, Jacobo Moreira.
Partidarios e opositores á declaración de "persoa non grata" a Rajoy fronte ao Teatro Principal
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Pilar Rojo indica que a decisión de declarar "persona non grata" a Rajoy é ilegítima
Pilar Rojo. Deputada do Partido Popular no Congreso
CC BY-NC-SA PontevedraViva
A APDR entende que Mariano Rajoy é un detractor da ría de Pontevedra
Antón Masa. Presidente da Asociación pola Defensa da Ría
CC BY-NC-SA PontevedraViva