Rajoy presidirá o 13 de marzo o congreso provincial do PP en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Desde que Mariano Rajoy fora declarado como persoa non grata en Pontevedra non volveu á súa cidade. Pero farao o próximo 13 de marzo. Ese día presidirá o congreso provincial do PP en Pontevedra que elixirá o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, como novo presidente en substitución de Rafael Louzán.
"Agradézolle moito que veña ao congreso da súa provincia e da súa cidade", explicou este mércores Rueda nun acto público celebrado nos xulgados da Parda.
Será, con toda seguridade, todo un acto de desagravio cara ao presidente do Goberno en funcións, por parte dos militantes dun partido que xa durante o Pleno no que se adoptou ese nomeamento mostraron o seu apoio cara a Rajoy con carteis de 'Rajoy, persoa moi grata'.
Ata entón, Rueda ten aínda camiño por diante. O Salnés será a comarca que visitará esta fin de semana para reunirse con afiliados e que estes lle expoñan suxestións para o seu futuro cargo como presidente do PP pontevedrés e as súas críticas sobre aspectos a corrixir na xestión do partido. A próxima semana este encontro será na cidade de Pontevedra.
"Estou a aprender moito estes días", explicou Alfonso Rueda, que agradeceu que "moita xente queira falar, comentar e compartir" con el a súa visión do partido.
Tras este congreso, chegará a hora de preparar o conclave autonómico. Rueda, secretario xeral do PPdeG ata esa cita, explicou que o congreso galego celebrarase "en abril ou maio como moi tarde" e que os populares teñen clara a súa "folla de ruta" con independencia do que suceda no panorama político nacional.
A este congreso, Rueda espera que Feijóo volva presentarse como o candidato do PP á presidencia da Xunta. Aínda que recoñece que a última palabra "tena el", reiterou que "a min gustaríame que fora o candidato".
Relacionadas:
-
A alcaldesa de Moraña súmase ao equipo de Rueda como secretaria de Organización
Por Redacción |
-
Rueda 'ficha' a Nidia Arévalo como vicepresidenta do PP de Pontevedra
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Núñez Feijóo cualifica como "ridículo y sectario" o nomeamento de Rajoy como "persoa non grata"
Por Anxo Lourido |
-
Rajoy, "dolido" por ser persoa non grata: "Podría decir que me importa un bledo, pero no me gustó"
Por Alejandro Espiño |
-
Alfonso Rueda quere presidir o PP de Pontevedra: "É unha decisión meditada e responsable"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada