Un galardón para quen lle planta cara ao narcotráfico
Por Redacción
O fiscal antidroga de Pontevedra, Luís Uriarte; a National Crime Agency do Reino Unido; a asociación ferrolá de drogodependencias ASFEDRO; a xornalista de La Voz de Galicia Susana Luaña; e, a título póstumo o ex presidente da Fundación Galega contra o Narcotráfico José Manuel Siso Bartomé. Eles foron os auténticos protagonistas da noite deste venres en Vilagarcía de Arousa, como loitadores nunha batalla que segue librándose en todas as frontes contra unha secuela social que hai décadas xa se asentou en Galicia -como en moita outras sociedades- e custa erradicar.
Foron os premiados na gala anual deste 2016 da Fundación Galega contra o Narcotráfico celebrada no Salón García de Vilagarcía e levaron, como xa é habitual, a Nécora de Ouro da entidade social nunha acto cargado de emotividade que tivo como mestre de cerimonias ao actual presidente da Fundación, Manuel Antonio Couceiro e como momento máis emotivo a homenaxe póstuma ao seu antecesor, Siso Bartomé.
A gala incluíu a actuación musical do grupo Arousa Bay e contou coa asistencia, entre outros, do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas; o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; ou os alcaldes de Vilagarcía e Cambados, Alberto Varela e Fátima Abal, así como representantes de asociacións antidroga e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, todos eles pezas crave no día a día da loita contra o narcotráfico e contra os danos que causa a droga na sociedade.
Relacionadas:
-
"Hai grandes organizacións de narcotráfico con penas que noutros países serían para quen vende 10 gramos"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O fiscal Luís Uriarte, a xornalista Susana Luaña e a NCA británica, premios Nécora de Ouro 2016
Por Redacción |
-
A Garda Civil e a Policía Nacional, premiadas pola Fundación Galega contra o Narcotráfico
Por Redacción |
-
Jaime Iglesias, Nécora de Ouro pola súa loita contra o narcotráfico á fronte da Udyco
Por Natalia Puga |