Costas retoma os traballos de ampliación do paseo en Loira
Por Redacción
O Ministerio de Medio Ambiente a través da Dirección Xeral de Costas está a executar as obras da ampliación do paseo en Loira. As obras iniciáronse no mes de decembro e estas últimas semanas estiveron sen traballo debido ás malas condicións do tempo.
O goberno local de Marín valorou a importancia desta obra porque "sen dúbida mellorará os accesos para peóns", ampliando cunha pasarela de madeira voada na parte máis estreita do paseo, tratando de ordenar a circulación de coches e peóns.
O orzamento base para a licitación superou os 314.000 euros.
O obxectivo é que este verán se poida gozar dela, esperando que o tempo permita os seus avances.
VIARIO DE PRAIAS
Este luns iniciáronse ademais os traballos de posta a punto do viario de praias, na contorna dos areais de Portocelo e Mogor.
Esta actuación está pensada con vistas á Semana Santa, sempre proclive a que se o tempo é bo poida gozarse dos paseos.
As áreas de medio ambiente e turismo traballan nesta liña para ofrecer unha imaxe coidada e, na medida do posible, que convide a camiñar.
Relacionadas:
-
A xefa de Costas supervisa as obras do Paseo de Loira
Por Redacción |
-
As obras do paseo en Loira están a piques de rematar
Por Redacción |
-
Avanza a bo ritmo a limpeza das praias de Marín
Por Redacción |
-
Costas ampliará o paseo en Loira
Por Redacción |
-
O PP de Marín quere ampliar os espazos de lecer cercanos ós ríos e conectará os paseos
Por Oskar Viéitez |