Salva o Tren reivindica a posta en servizo da estación do ferrocarril de Portas
Por Redacción
A plataforma Salva o Tren reivindica a posta en servizo da estación do ferrocarril de Portas, polo que rexeitan o proxecto de "Vía verde" que pretenden implantar os concellos de Vilagarcía de Arousa, Portas e Caldas de Reis.
Os representantes de Salva o Tren solicitaron entrevistas cos alcaldes dos tres municipios para conseguir que desistan no seu plan de reconverter as vías en desuso nunha senda para o paso de peóns e de bicicletas.
Salva o Tren esixe a recuperación do servizo ferroviario para a estación de Portas en desuso desde xullo de 2008.