Íñigo Errejón fala de "opnis" en Pontevedra
Por Redacción
O secretario de Política de Podemos, Íñigo Errejón, que prolongou ata este domingo a súa estancia en Pontevedra, referiuse ao "estraño" pacto entre PSOE, Ciudadanos e a súa formación como un "obxecto político no identificado", un opni.
Nunha comparecencia ante os medios de comunicación na sede de Marea Pontevedra, Íñigo Errejón, apuntou que se se lle pregunta por este eventual pacto aos líderes de Ciudadanos e do Partido Socialista a opinión pública comprobará que esta coalición "sirve para una cosa y la contraria", polo que indicou que "o uno de los dos no se ha leído lo que han firmado o esto es un gran circo".
Así, segundo o número dous de Podemos, o secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, dirá que "sirve para incluir a Podemos y sacar al PP", mentres que o líder de Ciudadanos, Albert Rivera, asegurará que vale "exactamente para lo contrario".
Errejón volveu insistir en que Podemos está "disponible" e "tiende la mano" aos socialistas para "buscar la gran coalición", animando a Pedro Sánchez a "atreverse" a formar "un gobierno de cambio que desde mañana se ponga a trabajar" para "revertir las políticas injustas e ineficaces" do executivo de Mariano Rajoy. Aínda que advertiu de que para esa "coalición plural" os membros de Podemos necesitan "garantías por escrito " porque son "hijos de un cierto escepticismo con los partidos tradicionales", xa que asegura que "si se les deja en su libre albedrío, no cambian".
ENQUISAS
Aínda que os xornalistas insistiron en obter de Errejón algunha valoración sobre as enquisas que este domingo publican algúns medios no que avanzan un descenso na intención de voto a Podemos, o secretario de Política de Podemos limitouse a dicir que esas sondaxes hai que "cogerlos con alfileres porque enseguida envejecen".
MARIANO RAJOY
A presenza na cidade do Lérez do secretario de Política de Podemos, Íñigo Errejón, coincide co Congreso Provincial do Partido Popular no que participou o presidente do Goberno en funcións e líder nacional do PP. Neste contexto Errejón referiuse á declaración de Mariano Rajoy como persoa non grata en Pontevedra, apuntando que "más allá de los motivos individuales o de cómo se sienta cada uno" o que sería "importante" é que os populares "reflexionen" por que hai "tanta ciudadanía gallega que se siente desatendida" e que "se están utilizando" as institucións públicas "en beneficio de unos poucos".
A preguntas dos xornalistas Errejón referiuse á prórroga da concesión da fábrica pasteira de Ence por 60 anos na ría de Pontevedra, motivo polo que a corporación municipal pontevedresa designoulle como 'non grato', asegurando que esta decisión "parece más destinada a mantener lo que parece un parque temático de puertas giratorias" xa que entende que a prórroga "no se justifica para un Gobierno en funciones que dice que sólo puede atender a asuntos urgentes".
BEIRAS
A "reformulación" política que expuxo o portavoz parlamentario de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), Xosé Manuel Beiras para En Marea tamén foi analizada polo secretario de Política de Podemos, que ve "una cuestión secundaria" como concorra En Marea ante unha nova convocatoria de eleccións xerais.
Errejón circunscribiu as declaracións de Beiras a "una opinión", á vez que sinalou que "la tarea política fundamental" é que "En Marea siga siendo capaz de atraer a esa mayoría social que pide un cambio en las instituciones" polo que "cómo se concurra o la fórmula jurídica nos parece una cuestión secundaria", subliñou.
O número dous de Podemos sinalou que En Marea obtivo "un magnífico resultado" nas xerais polo que afirmou que "ahora toca estar a la altura y seguir construyendo una herramienta, que es En Marea, capaz de ser alternativa al gobierno de Feijóo y las políticas del PP" e, con esa referencia ás próximas eleccións autonómicas galegas, Errejón engadiu que "en cualquier caso tienen que decidir los componentes de ese espacio político".