O BNG presentará unha iniciativa no Parlamento opoñéndose á fusion Cerdedo-Cotobade
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Un grupo de representantes da plataforma veciñal de oposición á fusión de Cerdedo e Cotobade mantiñan un encontro este luns 14 cos deputados do Bloque Nacionalista Galego, Montserrat Prado e Daniel Rodas, na sede do partido en Pontevedra. Nesta reunión manifestaron o seu malestar polas formas en que se están realizando as propostas para acometer este proceso.
Desde o BNG, os deputados consideran que se desenvolveu un proceso discriminatorio para o rural de Galicia e neste sentido Montserrat Prado anunciou que se presentará unha iniciativa no Parlamento Galego para mostrar a súa oposición a esta fusión na que só se trata dos beneficios inmediatos pero, en todo caso, evítase analizar a situación dos veciños destes dous municipios.
Segundo a deputada Montserrat Prado non se están tratando en ningún momento os problemas derivados duns concellos que se atopan en partidos xudiciais diferentes e que levarían cambios na xestión dos residuos e da sanidade.
Segundo o portavoz veciñal Isidro Peleteiro, os dous alcaldes destes concellos non esperaban que se crease unha plataforma contraria aos seus intereses.
Relacionadas:
-
Rueda defende a fusión ante un PSdeG-PSOE que acusa á Xunta de "falta de planificación"
Por Redacción |
-
Un informe da Universidade de Santiago xustifica a fusión de Cerdedo e Cotobade
Por Redacción |
-
Cubela replícalle ao alcalde de Ponte Caldelas que "deixe de buscar protagonismo" a conta do proxecto de fusión
Por Redacción |
-
Veciños de Cotobade e Cerdedo esixen que se paralice unha fusión "delirante e interesada"
Por Alejandro Espiño |