Os veciños de Ponte Caldelas poderá usar o pavillón de deportes sen custe
Por Redacción
Os veciños de Ponte Caldelas poderán disfrutar das instalacións do pavillón municipal de Deportes sin custe algún unha vez que o equipo de goberno decidiu eliminar as taxas de uso co fin de favorecer o acceso a este recinto daquelas persoas que queiran practicar calquera das modalidades deportivas para as que está indicado este lugar.
Os interesados en usar a instalación deberán de solicitar a mesma chmando ao número de teléfono 699 310 734 polo menos 48 horas antes da data elexida para realizar a súa actividade. O horario de solicitudes será de luns a venres de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.
No momento de iniciar o uso da instalación por parte do solicitante entregarase o DNI ao responsable municipal, quen procerá a cumprimentar a plantilla de uso. Este documento quedará no seu poder ata a finalización do uso.
Unha vez rematada a actividade á hora acordada o responsable municipal procederá a revisar a instalación anotando nesta plantilla no apartado de "Acta de Inspección" as deficiencias que no seu caso atope con respecto a como se atopaban as mesmas ao inicio.
No caso de que sexan detectadas irregularidades procederase a esixir as responsabilidades nas que puidera incorrer, así como á aplicación no seu caso do réxime sancionador recollido no regulamento de uso do Pavillón Municipal de Deportes.
En canto ás prohibicións, impedirase comer e fumar tanto na cancha de xogo como nas bancadas e vestiarios. Na pista só se autoriza o consumo de bebidas de uso habitual na práctica deportiva. Nas bancadas e vestiarios autorízase o consumo de bebidas non alcohólicas en envases non ríxidos.