Vilagarcía contará con oito axudantes máis da Policía Local durante o verán
Por Redacción
Durante a tempada de verán, a policía local de Vilagarcía verase reforzada coa contratación de oito auxiliares.
A medida ten como obxectivo cubrir as necesidades que se xeran en materia de tráfico ou de seguridade cidadá como consecuencia do incremento poboacional e do aumento de tránsito circulatorio que o municipio rexistra durante os meses estivais. A presenza destes auxiliares permitirá cubrir as vacacións dos axentes policiais.
A xunta de goberno local aprobaba a proposta este luns 14. Proximamente elaboraranse as bases da convocatoria para abrir o prazo de presentación de aspirantes e a realización dos procesos de selección a través de probas físicas e teóricas.
Estes axentes auxiliares contarán cun contrato eventual de catro meses de duración, desde o 1 de xuño ao 30 de setembro e os outros catro desde o 1 de xullo ata o 31 de outubro.